A Xunta critica que Galicia recibirá 110 millóns menos das axudas do Goberno

Segundo Conde só percibirá 220 millóns do plan de rescate cando deberían ser 330
El conselleiro Francisco Conde. EUROPA PRESS
photo_camera Conde. EUROPA PRESS

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, critica que Galicia vai recibir só 220 millóns de euros de axudas do Goberno a autónomos e empresas o impacto da pandemia, xa que considera que son 110 millóns menos do "que lle correspondería nunha situación de repartición ordinaria". 

En declaracións este sábado en Teo, Conde lamenta que, "nun momento difícil para o sector da hostalería e comercio", o Goberno "establece medidas con criterios territoriais", o que prexudica a Galicia que debería recibir 330 millóns polo sistema de repartición de financiamento autonómico, segundo os seus cálculos. 

"Lamentablemente está a penalizar tanto á hostalería como ao comercio de Galicia porque aplica uns criterios de repartición distintos aos habituais", reprocha. 

Así, o tamén conselleiro de Economía acusa ao Executivo central de tomar unha "decisión arbitraria que non responde a criterios obxectivos", xa que "basea nesa subxetividade unhas decisións que van penalizar" a Galicia. 

Neste sentido, reprocha que o Goberno siga uns "criterios distintos aos acordados no seo do Consello de Política Fiscal e Financeira", ao apostar por unha "subjetividad que non responde a unha situación de pandemia". 

O Consello de Ministros aprobou o venres o decreto de medidas urxentes para garantir a solvencia das empresas, que contará cun fondo de 7.000 millóns de euros en axudas directas, 2.000 millóns só para Canarias e Baleares, as dúas comunidades máis afectadas pola pandemia polo maior peso do turismo. 

Comentarios