Zara, do grupo Inditex, estreou este mércores en tendas de España a sección con espazo propio da súa liña de cosmética cunha ampla gama de produtos de beleza para ollos, beizos, rostro e uñas en envases recargables e cunha paleta de máis de 130 cores.
Denominada Zara Beauty, esta sección ten un espazo diferenciado en tendas da Coruña, Marbella, Madrid e Barcelona, informa a compañía, con sede en Arteixo. Ademais, esta tamén dispoñible online desde este mércores en todos os mercados europeos, Estados Unidos, Canadá, China, Corea do Sur, Xapón, México, Australia e Nova Zelandia e, posterior e progresivamente, no resto do mundo.
Con fórmulas de máxima calidade coordinadas pola maquilladora Diane Kendal, a colección aspira a adaptarse ás necesidades de cada persoa, por iso esta iniciativa leva por lema 'There is non beauty, only beauties' ("Non hai beleza, só belezas").