Só un 5 % dos españois tivo contacto co coronavirus

Illa explicou que, segundo os datos preliminares do estudo de seroprevalencia, non hai inmunidade de rabaño, que require ao redor dun 60 % de poboación con anticorpos
Mapa que muestra los datos recogidos por el estudio de seroprevalencia de Sanidad
photo_camera Unha enfermeira toma mostras de sangue a unha muller para realizarlle un test rápido de coronavirus. EFE

O 5 por cento dos españois tivo contacto co coronavirus, segundo os datos preliminares do estudo de seroprevalencia que fixo o Ministerio de Sanidade e o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), que non aprecia diferenzas nin por sexo nin por idade pero si xeográficas.

Así se desprende da primeira onda do macroestudo que arrincou o pasado 27 de abril en máis de 36.000 fogares para medir o nivel de inmunidade da españois fronte ao virus e que están a presentar en rolda de prensa os ministros de Sanidade, Salvador Illa, e Ciencia, Pedro Duque, ademais dos directores do mesmo.

Illa explicou que non hai inmunidade de rabaño -que require ao redor dun 60 % de poboación con anticorpos- segundo estes datos preliminares, e tamén que sobre esta hipótese elaborouse o plan de desescalada. 

Comentarios