O 7% da poboación española ten unha conexión a internet "deficiente"

Galicia, por ser unha das comunidades máis rurais do país, é tamén unha das máis afectadas por este problema

Foto de archivo de un ordenador. DP
photo_camera Foto dun computador. DP

Máis de 3,2 millóns de españois teñen unha conexión a Internet "deficiente" cuxa velocidade non chega aos dez megabytes, un problema que se reduce un dous por cento fronte aos datos do ano anterior,  según un Informe de Eurona publicado polo Ministerio de Economía e Empresa que analiza as redes terrestres

Este problema acentúase nas zonas rurais, despobladas ou de difícil orografía, as máis afectadas pola desconexión. A situación é especialmente grave en Galicia, Asturias ou Canarias e, no lado oposto, comunidades como Murcia, Madrid ou A Rioxa reducen as súas porcentaxes de desconexión por baixo do un por cento. Os datos deste informe pon de manifesto que a banda ancha se restrinxe nas zonas rurais, onde a cobertura se reduce.

A penetración da fibra óptica, a tecnoloxía principal en cidades de máis de 50.000 habitantes, avanza seis puntos respecto ao ano anterior. Eurona defendeu as redes satelitales como unha solución "inmediata e viable" para achegar a conexión de banda ancha aos núcleos rurais e que no último ano situouse con forza como alternativa á fibra.

As axudas ao satélite de Rede.é para municipios de 5.000 habitantes, poden axudar a mellorar a desconexión ou a escasa cobertura de Internet, que é o principal obstáculo que atoparán os miles de veraneantes que se desprazan estes días aos pobos.

Comentarios