A Audiencia Nacional avala o despedimento da Radiotelevisión Valenciana

O Ere afectou a máis de 1.600 traballadores ► A Sala considera que foi "a única saída a un proxecto esgotado"

A Audiencia Nacional considera xustificado o despedimento colectivo da Radiotelevisión Valenciana (RTVVV) e descartou a inconstitucionalidade da lei 4/2013 da Comunidade Valenciana que suprimiu o servizo público de televisión e provocou a liquidación da empresa. 

A Sala do Social da Audiencia desestimou a demanda de despedimento colectivo presentada polo sindicato CXT contra o Ere que extinguiu os contratos da totalidade do persoal de RTVV, formada por máis de 1.600 traballadores. 

Nunha sentenza de 90 folios, da que foi relatora o presidente da Sala, Ricardo Bodas, a Audiencia argumenta que a lei que suprimiu a RTVV foi "a única saída a un proxecto esgotado" nun grupo que atravesaba "unha gravísima situación económica, case calamitosa" e un persoal "sobredimensionada". 

A supresión do servizo público acordada polas Cortes Valencianas foi "unha emenda á totalidade á xestión privada dos seus responsables" e o recoñecemento obxectivo de "que non se soubo xestionar debidamente", asevera a sentenza.

Comentarios