Casado e Sáenz de Santamaría manteñen unha reunión "discreta e cordial" en Génova

Os dous candidatos a presidir o Partido Popular encontraríanse para contemplar a posibilidade de pactar unha lista unitaria

Soraya Sáenz de Santamaría y Pablo Casado. EFE
photo_camera Soraya Sáenz de Santamaría e Pablo Casado. EFE

Os dous candidatos a presidir o PP, Soraya Sáenz de Santamaría e Pablo Casado, reuníronse na mañá deste martes na sede do partido, na rúa Génova en Madrid, nun encontro que tivo un ton "cordial", segundo informaron fontes da candidatura da exvicepresidenta do Goberno.

Trátase da segunda ocasión en que a que ambos se atopan durante este proceso para liderar o partido, tras coincidir a semana pasada na cea do grupo parlamentario.

Naquela ocasión, só charlaron durante uns minutos pero sen abordar a cuestión fundamental: a posibilidade de ir ao congreso extraordinario cunha candidatura unitaria que Casado descarta.

O encontro foi "discreto" dentro dos contactos que Santamaría dixo que quería manter con Casado para estudar a posibilidade desta candidatura de integración, que o vicesecretario de Comunicación do partido rexeitou en varias ocasións porque quere ir ata o final neste proceso interno.

Comentarios