O CIS reforza ao PSOE e ao PP á conta de Podemos, Vox e Cidadáns

Os socialistas alcanzan o 30,7% de estimación de voto e os populares repuntan ata lle 20,5%
Sánchez y Casado, este miércoles en el Congreso. EFE
photo_camera Sánchez e Casado, no Congreso. EFE

O último barómetro do CIS reforza aos dous principais partidos, tanto ao PSOE, co 30,7 por cento en estimación de voto, como ao PP, cun 20,5 por cento, á conta de Vox e Cs, que perden máis dun punto cada un e, en menor medida, de Podemos, que aos poucos segue perdendo fol e cae unha décima. 

Segundo a enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas, elaborada entre o 7 e o 25 de xaneiro, o PSOE sobe 1,2 puntos desde decembro, ata o 30,7 por cento, en tanto que o PP repunta 1,3 e alcanza o 20,5 por cento, o seu mellor dato desde xuño, o que fai ao partido de Pablo Casado recortar unha décima a súa distancia cos socialistas. 

Por contra, Vox déixase un punto nun mes e queda no 13 por cento dos sufraxios aínda que se mantén como terceira forza política, seguida de Unidas Podemos, co 10,7 —cae unha décima— e en quinto lugar Cidadáns, que perde 1,2 puntos —practicamente o que sobe o PP— e queda co 9,3 por cento en estimación de voto. 

Como quinta forza política, repite ERC, que repite o resultado de hai un mes, co 2,9 por cento en estimación de voto, seguido do PNV, que sobe dúas décimas ata o 1,6 por cento e JXCat, que cae tamén dúas décimas e queda no 1,5 por cento dos sufraxios. 

EH-Bildu déixase tres décimas nun mes —case o que sobe o PNV— e baixa ata o 0,9 por cento; Máis País perde un terzo dos seus apoios neste barómetro e do 2,4 por cento en estimación de voto pasa ao 1,5 por cento, en tanto que a CUP tamén cae dúas décimas, e queda no 0,6 por cento. 

Por baixo do 1 por cento quedan CCa-NC, co 0,5; Na+, co 0,6; BNG, 0,5 por cento, e o PRC, co 0,3 por cento; en tanto que o PACMA, partido sen representación no Congreso repunta algo e obtería o 1,3 por cento en estimación de voto segundo o CIS.

Comentarios