Aparece unha gran escultura fálica nunha rotonda de León

O servizo de obras do Concello encargouse de retirala do lugar
Escultura con forma de pene aparecida en León. EFE
photo_camera Escultura con forma de pene aparecida en León. EFE

O servizo de obras do Concello de León procedeu este sábado á retirada dunha gran escultura de arte urbano de simboloxía fálica que foi colocada este sábado de madrugada na rotonda da estrada LLE-20 fronte ao hospital da cidade. 

A escultura, que representaba un pene de grandes dimensións, estaba elaborada con cemento branco e fora instalada sobre un depósito utilizado para o transporte de fluídos de talleres. 

A obra permaneceu instalada durante toda a mañá na rotonda de acceso ao Complexo Hospitalario de León e foi desmantelada polos servizos municipais ao redor das 13.30 horas deste sábado, segundo explicaron a Efe fontes municipais. 

Comentarios