O Concello de Madrid expedienta a Echenique por facer obras sen licenza no seu piso

O secretario de organización de Podemos ten dous meses para legalizar a instalación dun aparello de aire acondicionado e dun sistema de videovixilancia

Pablo Echenique. DIEGO PÉREZ CABEZA (EFE)
photo_camera Pablo Echenique. DIEGO PÉREZ CABEZA (EFE)

O Concello de Madrid abriu un expediente de restauración da legalidade urbanística ao secretario de organización de Podemos, Pablo Echenique, para que regularice as obras sen licenza que efectuou no seu piso situado no barrio de Salamanca, segundo informaron fontes municipais. 

Na información adiantada por OK Diario, detállase que, en concreto, Echenique colocou sen licenza unha instalación de aire acondicionado na fachada e un sistema de videovixilancia. 

Dado a que as instalacións de aire acondicionado e cámaras de seguridade "non contan con licenza" desde o Consistorio abriuse o expediente, e agora o secretario de organización de Podemos ten un prazo de dous meses para poder legalizar esas obras. 

Segundo indicaron estas mesmas fontes, é a Xunta Municipal do distrito de Salamanca a que estimou a denuncia dun "veciño" sobre as obras da vivenda de Echenique e procedeu á apertura do expediente. 

Comentarios