Consumo leva aos tribunais a 17 aerolíneas que non informan de reembolsos

O departamento que dirixe Alberto Garzón tamén solicita que sexan declarados nulos todos os contratos polos que os viaxeiros acepten un bono sustitutorio â??
Un avión de Air Nostrum. EP
photo_camera Un avión de Air Nostrum. EP

O Ministerio de Consumo levará aos tribunais do mercantil a polo menos dezasete aerolíneas que supostamente están a realizar prácticas comerciais desleais ao omitir información aos clientes sobre o dereito que teñen de reembolso cando a compañía cancele un voo.

En concreto, segundo Consumo, detectou que estas compañías están a desenvolver unha práctica comercial desleal ao omitir información sobre o dereito ao reembolso nun prazo de sete días ao que obriga a normativa comunitaria europea e a Lei Xeral de Defensa de Consumidores e Usuarios.

As 17 aerolíneas denunciadas polo Ministerio de Consumo, segundo informa este departamento, son: Air Europa, Air France, Binter Canarias, EasyJet, Eurowings, Iberia (Iberia Express e Air Nostrum), Jet 2, KLM, Latam Airlines, Lufthansa, Ryanair, Scandinavian Airlines (SAS), Transavia, Thomson Airways (TUI), United Airlines, Volotea e Wizzair.

Consumo recorre a esta vía que a lei contempla, segundo argumenta, para protexer aos usuarios e coa que se recorre á xustiza para que cese esta práctica comercial de determinadas aerolíneas agora e no futuro.

O regulamento europeo establece que a empresa ten a opción de ofrecer un bono, pero que "a última palabra tena o consumidor"

O departamento que dirixe Alberto Garzón tamén solicita que sexan declarados nulos todos os contratos polos que os viaxeiros acepten un bono sustitutorio do reembolso, cando a compañía aérea non informe deste dereito ao usuario e ofreza o bono como única opción.

A directora xeral de Consumo, Bibiana Medialdea, dixo este luns na Sexta, tras reunirse con representantes das comunidades autónomas, que no Ministerio teñen "sobrados indicios" de que o dereito de reembolso non se está podendo exercer polos consumidores destas aerolíneas.

O regulamento europeo establece que a empresa ten a opción de ofrecer un bono, pero que "a última palabra tena o consumidor", tal e como dixo Medialdea, quen explicou que se este prefire o reembolso ten a posibilidade de recibilo en sete días a partir de que o solicite.

Hai dúas semanas, e ante a actual pandemia causada pola covid-19 e dadas as restricións de mobilidade da poboación, o ministro de Consumo, Alberto Garzón, remitiu unha carta ás aerolíneas para recordarlles as súas obrigacións, nas que incidiu a Comisión Europea o 13 de maio.

A normativa española considera que a práctica comercial desleal supón unha infracción grave en materia de defensa dos consumidores e usuarios

A Comisión remarcou as condicións para a emisión dos bonos por parte das compañías aéreas como alternativa ao reembolso de viaxes combinadas e servizos de transporte cancelados no contexto da pandemia.

Garzón comunicou ás compañías que Consumo había observado esa mala "práctica" e pediu que rectificasen e fixesen efectivo o dereito de reembolso, pero non houbo unha resposta positiva pola súa banda, decidiuse a recorrer aos tribunais.

Consumo considera que "a omisión enganosa de información relevante por parte das aerolíneas ao ofrecer bonos canjeables aos viaxeiros supón unha práctica comercial desleal mediante un claro vicio no consentimento e un quebrantamento da normativa".

A normativa española considera que a práctica comercial desleal supón unha infracción grave en materia de defensa dos consumidores e usuarios.

Ademais, a Lei da Competencia Desleal establece que se considera desleal a omisión e ocultación da información necesaria para que o destinatario adopte ou poida adoptar unha decisión relativa ao seu comportamento económico co debido coñecemento de causa. 

Comentarios