Correa, condenado a 6 anos e 9 meses polos contratos de Aena

Trátase da terceira sentenza sobre o caso Gürtel

Francisco Correa. FERNANDO VILLAR (EFE)
photo_camera Francisco Correa. FERNANDO VILLAR (EFE)

A Sección Segunda da Sala do Penal da Audiencia Nacional ha condenado a 6 anos e 9 meses de cárcere ao líder da trama Gürtel Francisco Correa e a outros cinco anos ao ex director de Comunicación de Aena Ángel López de la Mota por prevaricaciónn, fraude ás administracións públicas, suborno activo continuado e falsidade documental pola adxudicación irregular de contratos da empresa pública ás sociedades da trama.

Trátase da terceira sentenza sobre o caso Gürtel que dita a Audiencia Nacional e condena ademais ao contable do Grupo Correa José Luis Izquierdo a tres anos e tres meses de prisión, e ao número dous de Comunicación en Aena con De la Mota, José María Gavarri, a cinco anos, por 2,2 millóns de euros en contratos adxudicados irregularmente entre os anos 2000 e 2002.

Segundo expón a sentenza, Correa despregou unha actividade comercial dirixida á organización de eventos relacionados coa prestación de determinados servizos, fundamentalmente dirixidos ao Partido Popular, organizando actos e campañas electorais así como á contratación coas administracións públicas.

Neste contexto, de acordo aos feitos probados, Correa, "a fin de enriquecerse ilicitamente con cargo a fondos públicos mediante contratos celebrados entre Aena e as súas sociedades con vulneración da normativa administrativa" contactou con De la Mota cando foi nomeado dircom da xestora aeroportuaria, pois o coñecía polo seu pasado no Partido Popular.

Comentarios