Detido un preso que matou a súa muller e estaba fuxido tras un permiso

Ao cachealo, os axentes atoparon un coitelo de 25 centímetros de folla

Detención de Juan Francisco Mejías en Gran Canaria. EP
photo_camera Detención de Juan Francisco Mejías en Gran Canaria. EP

636862586738447706wA Policía detivo nun barranco do sur de Gran Canaria a Juan Francisco Mejías, o preso que cumpría 22 anos de cárcere nas Palmas II por matar a súa muller en 2004 e que estaba fuxido desde o pasado 28 de decembro, cando non regresou a prisión tras un permiso de tres días, segundo confirmou a Xefatura Superior de Canarias.

Os axentes conseguiron pescudar que o recluso pasaba a noite no medio dun cañaveral do barranco de Taidía, no municipio de San Bartolomé de Tirajana, e estableceron unha vixilancia sobre a zona que permitiu localizalo o martes pola noite. Ao decatarse da presenza policial, Mejías escondeuse nunha leira próxima pero foi descuberto e arrestado. Ao cachealo, os axentes lle requisaron un coitelo de 25 centímetros de folla.

Mejías, de 53 anos, tiña pendentes outras dúas ordes de detención ditadas por xulgados da illa de Gran Canaria.

O recluso obtivo o permiso que lle permitiu darse á fuga en contra do criterio do Xulgado de Vixilancia Penal

Juan Francisco Mejías non só cumpría condena por matar á súa esposa fai 15 anos en Telde, senón que, ademais, sobre el pesaban dúas ordes de afastamento doutras dúas mulleres, ás que se concederon medidas de protección. O recluso obtivo o permiso que lle permitiu darse á fuga en contra do criterio do Xulgado de Vixilancia Penal, por decisión da sección sexta da Audiencia das Palmas.

Comentarios