Detido o etarra acusado de intento de atentado contra Aznar

O presunto etarra Juan María Múgica Dorronsoro, acusado de intentar atentar en 2001 contra o entón presidente do Goberno español José María Aznar foi detido hoxe pola policía francesa preto da localidade de Oloron-Sainte-Marie (suroeste de Francia).

Fontes da loita antiterrorista española informaron a EFE de que a detención de Múgica Dorronsoro é resultado dunha operación realizada polas autoridades galas con información da Garda Civil española.

O presunto terrorista detido fuxiu en xaneiro de 2010 du
rante unha operación da Garda Civil en Lizartza, en Gipuzkoa (norte español), na que foi desarticulado o comando ao que ETA ordenara atentar contra Aznar en 2001, agregaron as mesmas fontes.

Naquela operación, a Garda Civil incautouse ademais dos mísiles cos que o comando pretendía asasinar o presidente de goberno.

A detención de Múgica Dorronsoro por parte da policía francesa tivo lugar na rúa cando o presunto etarra se dispuña a entrar nun vehículo.

Comentarios