Dolores Delgado: "A investigación ao Rei emérito é histórica"

"A cooperación internacional é lenta", afirma a fiscal xeral do Estado
La ministra de Justicia, Dolores Delgado, el miércoles en el pleno del Congreso de los Diputados. F. VILLAR EFE)
photo_camera Dolores Delgado. F. VILLAR EFE)

A fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado, cualificou este mércores de "histórica" a investigación ao Rei emérito e recordou que gran parte das dilixencias do Ministerio Público dependen da cooperación internacional, que é "lenta".

Entrevistada na Cadena Ser, Delgado achacou a esa lentitude que nove meses logo de iniciadas as investigacións a Fiscalía non presente ningún tipo de escrito ao Supremo para abrir unha causa.

"Nin vai lento, nin se deixou de investigar, nin se está investigando por motivos diferentes a buscar a verdade; a cooperación internacional é lenta (....) e isto é cooperación internacional pura e dura", recalcou en referencia á necesidade de que os países onde presuntamente o rei emérito ten fondos faciliten información a España.

E é tamén normal non acabar porque, recordou, fóronse ampliando as investigacións coas dúas regularizacións realizadas polo Rei emérito: de 678.393 euros a primeira, de decembro; e de máis de 4,3 millóns de euros a segunda, coñecida este febreiro.

Esas "chamadas regularizacións", apuntou, arroxaron novos datos que esixen novas comprobacións e investigacións.

"Algo ben ten que estar a facer a Fiscalía cando afloran estas cantidades", recalcou Delgado, quen eloxiou o rigor e a profesionalidade coa que está a traballar "un equipo de fiscais do máis alto nivel dedicándose a este tema case en exclusiva". 

Comentarios