jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

O Goberno aproba mañá o decreto que regula a cotización dos bolseiros

O Consello de Ministros ten previsto aprobar mañá o real decreto que permite aos bolseiros cotizar á Seguridade Social, por un período máximo de dous anos, polos programas de formación realizados.

Esta posibilidade de cotización é unha novidade incluída na reforma de pensións aprobada polo Parlamento o pasado 21 de xullo e que eleva, progresivamente, a idade de xubilación de 65 a 67 anos e aumenta de 15 a 25 anos o período de cálculo da pensión.

Para quen sexan bolseiros antes da entrada en vigor do real decreto, contémplase a posibilidade de que subscriban un convenio especial que lles permita computar a efectos de cotización polos períodos de formación realizados en España ou o estranxeiro ata un máximo de dous anos.

A solicitude de subscrición do convenio especial poderá formularse ata o 31 de decembro de 2012 e, nos casos en que se acredite a imposibilidade de achegar a xustificación necesaria, poderase conceder un prazo de seis meses para facelo contar desde a data na que se presentou a solicitude.

A base de cotización polo convenio especial constituirase pola base mínima de cotización vixente no Réxime Xeral que corresponda a cada período en que se participou nestes programas e, unha vez determinada a cota íntegra, multiplicarase polo coeficiente do 0,77.

O abono do importe total da cotización a ingresar poderá realizarse mediante un pago único ou fraccionado.

Segundo o texto do decreto, a entrada en vigor desta norma será o día primeiro do mes seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE).

O Goberno aproba mañá o decreto que regula a cotización dos bolseiros
comentarios
ç