O primeiro borrador do plan contra a hepatite C estará listo en tres semanas

O primeiro borrador do Plan Estratéxico Nacional para a Abordaxe da Hepatite C, que elaborará un grupo de seis expertos nacionais, estará listo en tres semanas para, posteriormente, ser avaliado por outro grupo internacional, as comunidades autónomas, as sociedades científicas e os pacientes.

Así o asegurou o secretario xeral de Sanidade, Rubén Moreno, nunha rolda de prensa xunto ao coordinador do Plan, Joan Rodés, tras a primeira reunión que este mantivo co ministro de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, Alfonso Alonso, e con outros representantes do Ministerio.

Segundo explicou Moreno, o Plan, do que non precisou se contará cunha partida orzamentaria específica, persegue coñecer os datos epidemiolóxicos máis precisos da enfermidade, crear un rexistro de pacientes, establecer as prioridades terapéuticas con criterios científico-clínicos e incluír no tratamento os novos fármacos que se autoricen.

Moreno, como fixo antes o ministro, insistiu en que os criterios de acceso aos novos fármacos por parte dos pacientes farase a partir da "indicación clínica" e que "a todos aqueles pacientes aos que se lles indique o tratamento" administraráselles.

Comentarios