Iván Fandiño morre tras recibir unha cornada

O toureiro de orixe galega fora invitado ás corridas das festas da cidade francesa de Aire Sur L'Adour
Iván Fandiño
photo_camera Iván Fandiño

O matador de touros de orixe galega Iván Fandiño faleceu a tarde deste sábado a consecuencia dunha gravísima cornada inferida por un touro da gandería de Baltasar Ibán na cidade francesa de Aire Sur L'Adour, informaron fontes do departamento de comunicación do toureiro vasco.

toureiro foi prendido nun quite co capote, momento no que caeu e, unha vez no chan, o animal meteulle o pitón no costado.

A fume de carozo foi conducido á enfermería, e desde alí a un hospital de Mont de Marsan onde nada puideron facer pola súa vida, certificando a súa defunción.

Comentarios