Falece o exministro e expresidente do TC Manuel Jiménez de Parga

O expresidente do Tribunal Constitucional e exministro de Trabajo Manuel Jiménez de Parga, que morreu onte á noite en Madrid aos 85 anos, será enterrado mañá xoves ás 13 horas no cemiterio da localidade madrileña de Tres Cantos, informaron a Efe fontes do seu despacho.

A capela ardente do xurista quedará instalada esta tarde, ás 17 horas, no tanatorio desta localidade, situado na estrada de Colmenar Viejo, precisaron as fontes.

Jiménez de Parga, nacido en abril de 1929 en Granada, morreu onte á noite no seu domicilio de Madrid.

Foi ministro de Traballo en 1977 o Goberno de UCD e presidente do Tribunal Constitucional de 2001 a 2004.

O xurista falecido era doutor en Dereito, catedrático de Dereito Constitucional e avogado.

Tamén foi embaixador ante a Organización Internacional do Traballo (OIT) en 1978 e en 1982 foi fundador e conselleiro de Antena 3 de Radio. No ano 1986 foi nomeado conselleiro de Estado.

Manuel Jiménez de Parga estivo casado durante máis de 50 anos con María Elisa Maseda y Arango, con quen tivo 7 fillos, que lle deron 21 netos, segundo fontes do seu despacho.

Comentarios