Felipe González alimenta a guerra entre o 'vello' e o 'novo' PSOE: "Ninguén me manda calar"

O expresidente do Goberno critica tamén os pactos con ERC e Bildu: "Non son interlocutores válidos"
Felipe González. EFE
photo_camera Felipe González. EFE

O expresidente do Goberno Felipe González asegurou este xoves que el non pactaría con ERC nin Bildu porque "non son interlocutores válidos" e representan un nacionalismo que trata de romper "a cohesión e a solidariedade entre españois", e "iso é calquera cousa, menos progresista".

Nunha entrevista en Onda Cero e á pregunta de se sente representado por Pedro Sánchez, González admitiu que ás veces ten "sentimento de orfandade", algo que xustificou no feito de que o PSOE fai cousas que non entende e iso prodúcelle "inquietude e sentimento de orfandade".

"Eu non represento a ninguén nin o pretendo pero non vou consentir que ninguén me mande calar", asegurou González en defensa da liberdade de ideas e o debate interno no partido tras as censuras da Executiva ao sector máis veterano do PSOE e crítico con Pedro Sánchez.

Orozco recomenda a Lastra "pensar sete veces" o que di: "É un consello de persoa maior"

"Se alguén me manda calar dicindo que é socialista, eu sei que non é socialista", aseverou o expresidente do Goberno.

Felipe González tamén insistiu nos acordos alcanzados polo Goberno para os orzamentos e recordou que a conformación de maiorías teñen implícitas contradicións "que non permiten facer un proxecto de país".

"Nin ERC nin Otegi están interesados nun proxecto que fortaleza a España", insistiu, á vez que reprochou a Pablo Iglesias a súa "estratexia" de levar a España "a un Estado plurinacional con dereito de autodeterminación e iso converxe en Bildu e ERC pero non define un proxecto de país, e iso haberá que reconducilo nalgún momento".

Comentarios