O candidato do PSOE á Comunidade de Madrid nas eleccións do 4 de maio, Ángel
En declaracións aos medios á saída do hospital, Gabilondo dixo que o "clima de esixencia permanente, esa tensión emocional tan forte" da campaña electoral "puido influír" na súa doenza. "Pero teño que aceptar que teño unha idade determinada, non son un rapaz", explicou Gabilondo, de 72 anos, que ingresou o xoves cando acudiu ao hospital a vacinarse contra o coronavirus e non se atopou ben ao subir as escaleiras, polo que quixo deixar claro que a vacina non tivo nada que ver.