A galega Yolanda Díaz, no equipo de Podemos que negociará co PSOE

O partido de Pablo Iglesias envía un documento de máis de cen páxinas para retomar o diálogo cos socialistas
Yolanda Díaz, en el Congreso. KIKO HUESCA (EFE)
photo_camera Yolanda Díaz, na sesión deste luns no Congreso. KIKO HUESCA (EFE)

Unidas Podemos enviou este martes ao PSOE un documento con propostas programáticas e de competencias co obxectivo de retomar a negociación e acordar un goberno de coalición. A formación morada inclúe no documento, de máis de cen páxinas, ata catro opcións distintas para a inclusión dos de Iglesias no Executivo socialista. A galega Yolanda Díaz forma parte do equipo de negociación.

No documento, ao que tivo acceso Europa Press, detállase que a primeira das catro propostas contempla para os morados unha Vicepresidencia de Dereitos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o Ministerio de Sanidade e Consumo, e o Ministerio de Vivenda e Economía Social.

A segunda proposta, incluiría esa Vicepresidencia de Dereitos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Transición Ecolóxica, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e o Ministerio que de Vivenda e Economía Social.

A terceira opción que dá Podemos ao PSOE, daría aos de Iglesias a Vicepresidencia de Dereitos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Transición Ecolóxica, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e un ministerio que albergaría Agricultura, Pesca e España Baleirada.

A cuarta e última proposta dos morados inclúe a Vicepresidencia de Dereitos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e o Ministerio de Cultura.

Por parte de Podemos recalcan que estas catro propostas competenciais son "flexibles", realizáronse co ánimo de facilitar "a negociación", e situarían a Unidas Podemos "en responsabilidades sobre as cales xa se estivo traballando" en xullo. Entón, o PSOE chegou a ofrecer a Unidas Podemos tres ministerios e unha vicepresidencia social.

Comentarios