Gimeno enviou á nai un audio coa voz de Olivia antes de matar as pequenas

O representante da familia tacha o acto de depravado nun relato no que reconstrúe os feitos
Tomás Gimeno, padre y asesino de las pequeñas Anna y Olivia. EP
photo_camera Tomás Gimeno.ADP

Tomás Gimeno, asasino das súas fillas Anna e Olivia, enviou un audio a Beatriz, nai das pequenas, pedíndolle que fose recoller uns cadros ao cabo duns días, algo que o portavoz da familia definiu como "un acto depravado".

Joaquín Amills, representante da familia e presidente da organización SOS Desaparecidos confirmou nunha entrevista ao medio Almería Hoy que esta foi un dos últimos momentos de vida das nenas, xusto antes de que o seu pai as matese e leva os seus corpos ao barco para logo botar os seus corpos ao mar.

"Fixo que a pequena Olivia gravase un audio encargando á súa nai recoller uns cadros. Tomás Gimeno enviou a Beatriz un último recordo. Unha maldade propia dun ser depravado. Nese momento asasinou ás súas dúas fillas".

Ao non volver as súas fillas a casa, Beatriz chamou outra vez á súa exparella e segundo a reconstrución feita a través dos rexistros dos móbiles e as cámaras, pero xa Tomás xa non lle volvería a coller o teléfono.

Tras o audio da pequena, e matar ás súas dúas fillas, meteu os seus corpos en bolsa que cargou no coche xunto a uns pesos que utilizaría como lastres.

Amills destaca a "frialdade" demostrada por Gimeno ao considerar as súas últimas accións. "Preparara ata o último detalle ao coller o can para deixalo en casa dos seus pais, aos que tamén entregou os cartóns bancarios cos números pin, así como a documentación do auto que lles transferiu un día antes", sinala.

Comentarios