O Goberno non autorizará manifestacións de máis 500 persoas o 8-M

Non haberá unha gran protesta feminista na capital, como a ocorrida o ano pasado ou en anos precedentes
A marcha do 8-M polas rúas de Pontevedra. CEDIDA
photo_camera Marcha do 8-M por Pontevedra. CEDIDA

A Delegación do Goberno en Madrid prohibirá todas as manifestacións do 8-M cunha previsión superior a 500 asistentes, un criterio proveniente da Consellería de Sanidade, polo que "rotundamente non haberá" unha gran protesta feminista na capital, como a ocorrida o ano pasado ou en anos precedentes. Así o indicou o delegado do Goberno,  o brollonés José Manuel Franco, nunha entrevista en Onda Madrid.

De momento non se prohibiu ningunha protesta das que xa se comunicaron, ningunha convocada por un partido, xa que son pequenas e comprométense a manter a distancia. "Nós, o criterio de Sanidade estamos a seguilo a machada porque temos que axudar a preservar a saúde dos madrileños", apuntou. 

Por iso, o representante do Goberno central en Madrid sinalou que para aquelas organizacións que pretendan levar a máis persoas ás rúas o 8-M pediranlles que reflexionen e "fórmulas alternativas" para manifestarse "para que esta xusta reivindicación para que non implique un atentado contra a saúde".

FRANCO NON SE ARREPINTE. Respecto da controvertida manifestación do ano pasado, Franco respondeu que non se arrepinte de autorizala, "non só porque a Xustiza deulle a razón, senón porque entón non había datos obxectivos para prohibir unha manifestación, que só pode prohibirse por motivos moi concretos e taxados". 

"Estou satisfeito de telo feito. Isto puido ser un contaxio pero o que sería prevaricar naquel momento sería prohibilo. Acertar a quiniela os luns é fácil e se soubésemos o que ía pasar tamén prohibiriamos espectáculos deportivos, culturais ou oposicións", esgrimiu.

Comentarios