González Laya anuncia un principio de acordo con Reino Unido sobre Xibraltar

"Derrubamos barreiras para construír unha zona de prosperidade compartida"
González Laya. EFE
photo_camera González Laya. EFE

A ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya, anunciou este xoves un principio de acordo con Reino Unido que permite a aplicación a Xibraltar de políticas e programas da Unión Europea como o acordo de Schengen ou un réxime aduaneiro en materia de tráfico de mercancías e transporte.

En rolda de prensa en Moncloa para informar o estado das negociacións con Reino Unido sobre Xibraltar, a ministra sinalou que neste principio de acordo incorpóranse tamén medidas de competencia leal no fiscal, ambiental e social.

"Derrubamos barreiras para construír unha zona de prosperidade compartida", sinalou González Laya.

Co principio de acordo subliñou que se aplica Schengen sobre Xibraltar con España como responsable".

Comentarios