Guardiola pagou a reparación do barco de Proactiva Open Arms 

"Pep veunos a ver, incluso falou de vir ao barco a axudar", revelou a fundador ONG, Óscar Camps

Pep Guardiola celebrando la victoria con su afición tras la victoria frente al Tottenham. ANDY RAIN (EFE)
photo_camera Pep Guardiola, durante un partido. ANDY RAIN (EFE)

O adestrador Pep Guardiola abonou 150.000 euros do seu peto para a reparación do barco de Proactiva Open Arms cando este quedou retido en Italia, segundo revelou o fundador de Open Arms Fundation, Òscar Camps. 

En declaracións a Rac1 recollidas por Europa Press, dixo: "Pep veunos a ver, incluso falou de vir ao barco a axudar. E non só el, algúns deportistas tamén teñen interese en vir botar unha man". 

"Guardiola axudounos pero hai outros deportistas que tamén quixeron colaborar", engadiu Camps nunha entrevista coincidindo coa decisión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de ofrecer o porto de Valencia para atracar o barco Aquarius con inmigrantes rescatados do Mediterráneo, tras o veto de Italia. 

Comentarios