Os migrantes do Open Arms serán recolocados en España e outros catro países

Os gobernos estudan a mellor forma de trasladar ás persoas
Los migrantes del Open Arms, desebarcando en Lampedusa. FRANCISCO GENTICO (EFE)
photo_camera Os migrantes do Open Arms, desebarcando en Lampedusa. FRANCISCO GENTICO (EFE)

España, Francia, Alemaña, Luxemburgo e Portugal repartiranse aos inmigrantes do Open Arms, que desembarcaron a madrugada deste mércores en Lampedusa (Italia), informou a Comisión Europea (CE).

Os cinco países enviarán a Italia equipos para levar a cabo o rexistro e entrevistas dos inmigrantes e facer outras comprobacións e tarefas de traslado, indicaron fontes comunitarias.

Entre os aspectos que se verifican nestes casos figura se teñen familia nalgún país da UE ou solicitaron o asilo con anterioridade.

Comentarios