Tres irmás denuncian que foron violadas en Murcia en Noitevella

As mozas, estadounidenses, aseguran que foron agredidas por uns homes que coñeceron na celebración de Fin de Ano
Vista de la vivienda en el número 10 de la Plaza de la Candelaria de Murcia en la que se investiga un caso de supuesta violación. MARCIAL GUILLÉN (EFE)
photo_camera Coches da Policía Nacional. ARQUIVO

A Policía Nacional investiga un caso de suposta violación a tres cidadás estadounidenses ocorrido no barrio de Santa Eulalia de Murcia en Noitevella, segundo informou unha portavoz da Delegación do Goberno.

A investigación está aínda aberta, polo que non se facilitaron máis detalles do caso, ocorrido nunha vivenda na que se estaba festexando o fin de ano, segundo a denuncia presentada polas vítimas.

Atendendo ao seu testemuño, as tres mozas norteamericanas atopábanse de paso pola cidade e subiron ao domicilio cuns mozos que coñeceran e estes agredíronas sexualmente.

Ao presentar a denuncia activouse inmediatamente o protocolo segundo o cal tiveron que pasar un recoñecemento médico antes de prestar declaración ante o servizo de atención directa de incidencias, que pasou o caso este xoves á unidade de atención á familia e á muller (UFAM).