A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, deu positivo en coronavirus pero atópase en total "normalidade" e seguirá traballando aínda que illada.
Avanzouno nun vídeo publicado na súa conta de Twitter, no que contou que se fixo as probas despois de que este domingo nunha entrevista en Telemadrid lle dese un ataque de tose.