A AN rexeita de novo, e van cinco, pór en liberdade a Bárcenas

A Audiencia Nacional rexeitou por quinta vez pór en liberdade o extesoureiro do PP Luis Bárcenas, en prisión desde o 27 de xuño de 2013, ao persistir o risco de fuga e de destrución de probas porque lle resultaría fácil seguir manexando outros negocios, contas ou sociedades aínda descoñecidas".

Así o acordou a sección cuarta da Sala do Penal da Audiencia Nacional nun auto no que desestima o recurso que interpuxo a súa defensa pedindo a excarceración do extesoureiro invocando a resolución dun tribunal suízo que acordou a suspensión temporal para utilizar a documentación remitida sobre el no caso Gürtel.

Sobre esta cuestión en concreto explican que esa decisión de Suíza nin é definitiva nin se acreditou se é por unha cuestión formal ou de fondo, e ten ademais en conta a Sala que as autoridades suízas seguiron contestando outras comisións rogatorias.

Pero incluso aínda que finalmente esa resolución fose definitiva, os maxistrados Ángela Murillo, Carmen Paloma González e Juan Francisco Martel observan que desde 2009 solicitáronse datos incriminatorios contra o recorrente diferentes dos achegados polas autoridades suízas".

Por iso, aínda que a información facilitada ata a data por presunta fraude fiscal non pode utilizarse, o procedemento "non quedaría baleiro de contido".

Consideran xa que logo que estes son suficientes motivos para que a medida cautelar recorrida permaneza xa que, ademais da comisión dun posible delito fiscal, hai outra serie de actuacións presuntamente delituosas.xuño.

Comentarios