Detéñeno ao achar o cadáver da súa excompañeira sentimental tras tres meses desaparecida

A Garda Civil detivo o ex compañeiro sentimental dunha moza marroquí cuxo cadáver foi atopado hoxe en Níjar, Almería, logo de permanecer tres meses desaparecida.

Fontes da Subdelegación do Goberno informaron a Efe de que a vítima tiña uns 27 anos e levaba desaparecida desde o 1 de outubro, aínda que un familiar interpuxo a denuncia o 9 de outubro.

A súa ex parella, K.E, tamén marroquí e de 38 anos, foi detido como presunto autor do crime ás 08:15 horas, segundo explicaron a Efe fontes da Garda Civil.

O cadáver estaba enterrado nun terreo anexo a unha antiga vivenda na que residira a súa ex parella. A zona é coñecida como paraxe El Porver, na pedanía de Campohermoso, en Níjar.

A autopsia, que se realizará mañá, determinará cando e como faleceu a muller.

Romperan a súa relación en agosto aínda que ambos traballaban nunha mesma leira, levando a cabo labores agrícolas na localidade.

As dilixencias foron entregadas ao Xulgado de Violencia de Xénero Número 1 de Almería.

Comentarios