Unha nena de 12 anos ingresada na Uci con coronavirus

A menor, que non está intubada, non presentaba patoloxías previas
Pacientes con covid en una Uci. EFE
photo_camera Pacientes con covid nunha Uci. EFE

Unha nena de 12 anos de Aranda del Duero ingresou na Unidade de Coidados Intensivos Pediátrica do Hospital Universitario de Burgos afectada por unha pneumonía producida por coronavirus, segundo informaron a Axénciaa Efe fontes hospitalarias. 

A menor, que non está intubada, foi ingresada por criterios de precaución ante os poucos datos que existen sobre como evoluciona esta patoloxía en pacientes de tan temperá idade, segundo as mesmas fontes. 

Ao contar con 12 anos, a menor non estaba aínda vacinada nin presentaba patoloxías previas. Trátase do ingreso nunha UCI da persoa máis nova que existe agora mesmo nos hospitais de Castela e León.