O veo xógalle unha mala pasada a Ana Pastor

Á ministra de Fomento caéuselle nun par de ocasións durante unha rolda de prensa en Teherán, onde é obrigatorio o seu uso para todas as mulleres
Pastor, García-Margallo y Soria, durante la rueda de prensa de este lunes en Teherán
photo_camera Pastor, García-Margallo y Soria, durante la rueda de prensa de este lunes en Teherán

Á ministra española de Fomento, Ana Pastor, caéuselle o veo nun par de ocasións durante a rolda de prensa que ofreceu este luns en Teherán xunto aos titulares de Exteriores, José Manuel García-Margallo, e Industria, José Manuel Soria, de visita oficial na República Islámica.

Foi ao comezo da súa intervención na rolda de prensa nun hotel de Teherán cando a Pastor se lle deslizou o pano que levaba na cabeza, obrigatorio para todas as mulleres en Irán.

García-Margallo foi o encargado de axudar á ministra a porse de novo o veo, ao que Pastor respondeu: "Nada sería un sen axuda".

Comentarios