O Congreso máis bronco deixa para o martes a investidura de Sánchez

Como era previsible, o candidato socialista non conseguia a maioría absoluta ao obter 166 votos a favor, 165 en contra e 18 abstencións
Pedro Sánchez, este domingo. JUAN CARLOS HIDALGO
photo_camera Pedro Sánchez, na segunda xornada de debate no Congreso. EFE

O socialista Pedro Sánchez non conseguiu este domingo a maioría absoluta na primeira votación da sesión de investidura. Concluído o debate, que se iniciou con rifa e tensión ao redor da intervención da portavoz de EH Bildu, procedeuse á votación, pública e por chamamento. Contabilizáronse 166 'síes' fronte a 165 'nons' e 18 abstencións, lonxe da maioría absoluta necesaria en primeira votación.  

O candidato do PSOE obtivo un voto menos dos previstos inicialmente debido á ausencia por enfermidade da deputada do grupo de Unidas Podemos Aina Vidal, aínda que non tivo influencia no resultado.

No lado do 'si' estiveron PSOE, Unidas Podemos, PNV, Más País, Compromís, NC, Teruel Existe e BNG. E no lado do 'non', PP, Vox, Cs, JxCat, UPN, CUP, PRC, Foro e a deputada de Coalición Canaria, Ana Oramas, que pasou da abstención ao voto contrario. Na abstención, mantivéronse ERC e Bildu.

Con estas contas, a investidura sumou 167 'síes' fronte a 165 'nons' e 18 abstencións, lonxe da maioría absoluta necesaria en primeira votación.

Así as cousas, será necesaria unha segunda votación —pasadas 48 horas da primeira, aproximadamente ao mediodía do próximo martes 7 de xaneiro—, na que xa só se requirirá maioría simple. Isto é, máis 'síes' que 'nons'. Aí si, todo indica que Pedro Sánchez será investido presidente do Goberno, no seu terceiro intento en tres anos.

Salvo sorpresa maiúscula, na votación do martes sumará 167 'síes' fronte a 165 'nons' e 18 abstencións, co que Pedro Sánchez será investido.

Comentarios