Podemos anuncia a creación de diversos grupos no Congreso

Pablo Iglesias mantivo reunións estes días cos representantes de Anova, EU, En Comú Podem, Esquerra Unida i Alternativa, Compromís e Equo
Reunión mantenida esta semana entre Pablo Iglesias y el líder de Anova, Xosé Manuel Beiras
photo_camera Reunión mantenida esta semana entre Pablo Iglesias y el líder de Anova, Xosé Manuel Beiras

Podemos trasladou ás súas "forzas irmás" de En Comú Podem, Esquerra Unida i Alternativa, Esquerda Unida, Anova, Compromís e Equo, o seu compromiso por configurar diversos grupos parlamentarios na nova Cámara Baixa.


Esta é unha das principais conclusións das reunións do secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias e outros membros do Consello de Coordinación do partido, celebradas nos últimos días con representantes das diversas formacións políticas coas que conformaron as candidaturas de confluencia que se presentaron ás eleccións xerais nos diferentes territorios.

Segundo un comunicado desta formación, desde o luns e tras a reunión mantida a véspera polo Consejo Ciudadano, na que se estableceron algunhas das directrices para as próximas semanas, os dirixentes de Podemos reuníronse cos seus homólogos de En Comú Podem, Esquerra Unida i Alternativa, Esquerda Unida, Anova, Compromís e Equo.

Nestes encontros discutíronse os retos e posibilidades deste momento e debatéronse as diversas posibilidades que se abren tras os resultados electorais.

Iglesias transmitiu aos seus socios a necesidade de empezar a traballar de inmediato na actividade parlamentaria, marcada para eles por unha axenda social que se traduce en iniciativas como a chamada Lei 25 de Urxencia Social.

Así mesmo, recalcou a súa vontade por que as candidaturas (En Comú Podem en Cataluña, Compromís - Podemos - És el moment no País Valenciano, e En Marea en Galicia) poidan constituír grupos propios no Parlamento para reflectir a realidade plurinacional do país, conclúe o comunicado de Podemos.

Comentarios