Podemos e IU logran un preacordo para ir xuntos ás eleccións de xuño

Tras o consenso alcanzado "nas liñas xerais" do pacto, ambas formacións ultimarán nas próximas horas o documento definitivo para a súa publicación e ratificación posterior
Fotografía colgada por IU en Twitter de Pablo Iglesias y Alberto Garzón dándose un abrazo en la Puerta del Sol
photo_camera Fotografía colgada por IU en Twitter de Pablo Iglesias y Alberto Garzón dándose un abrazo en la Puerta del Sol

Podemos e Izquierda Unida pecharon esta tarde un preacordo electoral para as eleccións xerais do 26-J, co obxectivo de "recuperar o país" "en favor das clases populares" e "as maiorías sociais" e gañar as eleccións ao PP.

Tanto Podemos como IU consultarán ás súas bases este martes e mércores sobre o contido do preacordo, unha consulta que IU celebra por segunda vez nunha semana, aínda que neste caso xa non será xeral, senón sobre aspectos máis concretos do acordo.

En senllos comunicados, ambos os partidos informan de que tras o consenso alcanzado "nas liñas xerais do acordo", os secretarios de Organización de Podemos, Pablo Echenique, e IU, Adolfo Barrena, ultimarán nas próximas horas o documento definitivo para a súa publicación e ratificación posterior.


O que non dan é ningún detalle sobre as condicións deste pacto, cuxas negociacións se tensaron nas últimas horas ao atascarse no número de representantes que Izquierda Unida ocuparía nos postos de saída.

IU reclamaba entre oito e doce escanos garantidos, mentres que Podemos ofrecía nove, aínda que só cinco eran "cento por cento seguros", segundo a formación de Garzón. 

Comentarios