Rajoy, co lazo morado na solapa, comprométese a loitar pola igualdade

O presidente do Goberno promete, no Día da Muller, "non regatear nin un só esforzo"

Mariano Rajoy, con el lazo morado. KAI FÖRSTER
photo_camera Mariano Rajoy, con el lazo morado. KAI FÖRSTER

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, comprometeuse este xoves a seguir traballando na defensa da igualdade real entre homes e mulleres "sen regatear nin un só esforzo" e sinalou que esa loita debe ser unha tarefa común en Europa todos os días do ano.

Rajoy expresou este compromiso na súa intervención nunhas xornadas do Partido Popular Europeo (PPE) en Valencia, durante a que levou un lazo morado na solapa do traxe.

Defendeu a necesidade de promover políticas que favorezan a igualdade de homes e mulleres e apostou por unha Europa na que a defensa da muller siga sendo un valor fundamental non só para os partidos, senón para o conxunto da sociedade.

O xefe do Executivo incidiu en que a xornada de este xoves, Día Internacional da Muller, serve para "reivindicar e concienciar a todos", pero subliñou que a defensa da igualdade debe ser un labor continuo.

Comentarios