miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Real Madrid C.F.: gañador da liga de Campións e líder en recadación

Segundo datos facilitados pola UEFA, O Real Madrid recibiu 57,4 millóns de euros como gañador da última edición da liga de Campións. Convértese, deste xeito, no club de fútbol que máis recadou na pasada tempada.

Segundo os datos revelados polo máximo organismo do fútbol europeo, a cantidade que gañou o club branco é a suma de 8,6 millóns de euros como 'bonus' pola súa participación, 5,5 pola súa actuación na fase de grupos, 20,5 millóns pola súa cota de mercado, 12,3 por superar tres eliminatorias e 10,5 por gañar o título.

O Paris Saint-Germain, que foi eliminado en cuartos de final, foi o segundo equipo que máis diñeiro recibiu, 54,4 millóns de euros, debido a que 33,9 deles proceden da cota de mercado como un dos dous únicos clubs franceses que xogaron a fase de grupos. A este séguelle o outro finalista, o Atlético de Madrid, que recibiu pouco máis de 50 millóns de euros e o Manchester United con case 45 millóns de cotización.

A cola do decálogo fórmana o F.C. Barcelona, o S.S.C. Napoli e o A.C. Milan con cifras próximas os 40 millóns de euros.

Os 10 equipos que máis recadaron:
       .1. Real Madrid (ESP)            57.414.000 euros
       .2. PSG (FRA)                    54.417.000
       .3. Atlético de Madrid (ESP)     50.048.000
       .4. Manchester United (ING)      44.775.000
       .5. Bayern München (ALE)         44.616.000
       .6. Chelsea (ING)                43.391.000
       .7. Juventus (ITA)               43.098.000
       .8. FC Barcelona (ESP)           41.975.000
       .9. SSC Napoli (ITA)             38.598.000
       10. AC Milan (ITA)               37.599.000.

Real Madrid C.F.: gañador da liga de Campións e líder en recadación
comentarios
ç