Rexistran a casa do avogado de Puigdemont nunha operación relacionada con Sito Miñanco

Trátase dunha operación contra o branqueo de capitais relacionado cun delito contra a saúde pública
Gonzalo Boye, en Pontevedra. GONZALO GARCÍA
photo_camera Gonzalo Aboie, avogado de Sito Miñanco e Puigdemont. GONZALO GARCÍA

A xuíza da Audiencia Nacional María Tardón dirixe este luns unha operación contra o branqueo de capitais relacionado co delito contra a saúde pública e ordenou o rexistro da casa de Gonzalo Boye, avogado de Carles Puigdemont e do narcotraficante Sito Miñanco, entre outros.

A operación, que coordina a Fiscalía Antidroga da Audiencia Nacional e que desenvolven axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional, está vinculada á causa xudicializada de José Ramón Prado Bugallo, Sito Miñanco, de 62 anos.

O histórico narcotraficante galego foi detido en febreiro de 2018 xunto a unha vintena de presuntos membros da súa banda acusados dos delitos de tráfico de drogas, branqueo e pertenza a organización criminal de extrema gravidade.

As investigacións apuntaban que  Miñanco lideraba unha importante rede de narcotraficantes desde 2016, meses despois de que se lle outorgase a semiliberdade, o que lle permitía durmir diariamente no Centro de Inserción Social (CIS) de Alxeciras (Cádiz). De feito, foi arrestado cando saía dese centro.

Fuentes da Audiencia Nacional informaron desta operación na que se están practicando varios rexistros nunha causa que está secreta. 

PUIGDEMONT. O expresidente da Generalitat saíu en defensa de Boye, á vez que relacionou a súa euroorde en Bélxica coa imputación do letrado e os rexistros no domicilio e despacho deste último. 

"Lawfare [guerra xurídica] a todo trapo. Cando alguén lles gaña as partidas e os deixa en evidencia, embestir sen miramientos. Agora que encaramos a terceira euroorde, a Gonzalo Boye preténdenlle dificultar o seu traballo. Non o conseguirán", sinalou Puigdemont en Twitter. 

A xuíza cita o mércores a Boye e aos dous presuntos testaferros por suposto branqueo vinculado a Sito Miñanco
A xuíza da Audiencia Nacional María Tardón citou a declarar o vindeiro mércores, 23 de outubro, ao avogado Gonzalo Boye e a dous supostos testaferros no marco da investigación por presunto branqueo de capitais vinculado ao narcotraficante galego José Ramón Prado Bugallo, alias Sito Miñanco, segundo informaron fontes xurídicas. 

A titular do Xulgado Central de Instrución número 3 ordenou a comparecencia dos tres en calidade de investigados logo dos rexistros practicados desde primeira hora da mañá deste luns en Madrid, tanto no domicilio do letrado como noutras dúas propiedades dos dous supostos testaferros, todas en Madrid. 

Boye, que defende ao narco galego e na actualidade é coordinador da defensa xurídica do expresidente catalán Carles Puigdemont, estivo presente no rexistro, que practicaron axentes da Unidade Central de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Policía Nacional e non concluíu en ningunha detención. 

Esta investigación e os rexistros practicados, segundo detallan as fontes consultadas, non teñen nada que ver coa defensa xurídica que presta Boye a Puigdemont, contra quen se volveu a emitir unha orde europea de detención a consecuencia da sentenza do procés que agora ten que resolver a Xustiza belga. 

Sito Miñanco foi detido por orde da Audiencia Nacional en febreiro de 2018 nun gran operativo que incluíu varias cidades españolas, causa na que continúa investigado. Esta instrución, que comezou a precedesora de Tardón no xulgado, Carmen Lamela, é a que levou aos rexistros deste luns. 

Paralelamente, o narcotraficante foi condenado a principios deste ano pola Audiencia Provincial de Pontevedra por branqueo de capitais, tras un xuízo no que estivo representado por Gonzalo Boye. Foi sentenciado a catro anos de cárcere e a pagar unha multa de seis millóns de euros. 

Comentarios