Sánchez mostra o seu "agarimo e solidariedade" a Iglesias e Montero

"Os insultos non teñen cabida na nosa sociedade", publicou o presidente do Goberno na súa conta persoal de Twitter
 
Pedro Sánchez. EFE
photo_camera Pedro Sánchez. EFE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, mostrou este martes o seu "agarimo e solidariedade" co vicepresidente segundo e líder de Podemos, Pablo Iglesias, e a ministra de Igualdade, Irene Montero, despois de que tivesen que abandonar as súas vacacións en Felgueres (Asturias) tras as ameazas e pintadas ameazantes que recibiron. 

"O acoso, as ameazas e os insultos non teñen cabida na nosa sociedade", sinalou o xefe do Executivo nunha mensaxe publicada na rede social Twitter, recollido por Europa Press, no que tamén destacou que "fronte ao odio e a intolerancia" desde o seu Executivo "sempre" defenderán "o respecto, a democracia, a liberdade". 

Para rematar, Sánchez mostrou o seu "agarimo e solidariedade" con Pablo Iglesias e Irene Montero. Ademais, outros membros do Goberno, como a vicepresidenta cuarta, Teresa Ribeira, o ministro de Transportes, José Luís Ábalos, ou o titular de Xustiza, Juan Carlos Campo, tamén mostraron o seu rexeitamento ao sucedido.

Comentarios