Sánchez ofrece unha reforma constitucional para evitar bloqueos á investidura

"Os cidadáns non deben sufrir nunca máis a ameaza dunha repetición electoral", asegura
Pedro Sánchez. ZIPI (EFE)
photo_camera Pedro Sánchez. ZIPI (EFE)

O candidato á Presidencia do Goberno, Pedro Sánchez, ofreceu este luns un "pacto de Estado" para reformar o artigo 99 da Constitución, que regula o procedemento de investidura, "e que debe ser actualizado á nova realidade parlamentaria" para evitar bloqueos e que goberne a lista máis votada. 

"Os cidadáns non deben sufrir nunca máis a ameaza dunha repetición electoral, cunha votación basta", subliñou Sánchez no discurso de investidura ante o pleno do Congreso.

E para poder materializar ese acordo, Sánchez pediu aos grupos que faciliten o Goberno e posteriormente se aborde a reforma constitucional do artigo 99 "para que nunca máis volva ocorrer o bloqueo neste país".

Comentarios