Abascal non declara ante o Congreso que comprou un chalé por 736.000 euros

El lí­der de Vox, Santiago Abascal. EUROPA PRESS
photo_camera O lí­der de Vox, Santiago Abascal. EUROPA PRESS

O máximo dirixente e candidato de Vox, Santiago Abascal, non actualizou a súa declaración de bens ante o Congreso dos Deputados e evitou revelar a compra dun chalé por valor de 736.000 euros.

Segundo desvela Infolibre, o deputado adquiriu ese inmoble no mes de xullo na zona de Pinatar del Rey, ao norte de Madrid, xunto á súa parella, Lida Bedman. Con todo, uns tres meses despois, aínda non informou á Cámara baixa, onde precisamente este mércores protagoniza unha moción de censura contra o Goberno de coalición que lidera o socialista Pedro Sánchez.

Comentarios