Entrégase en Palencia un dos dez fuxitivos máis buscados de España

Julio González Rubio , un dos dez fugitivos máis buscados pola policía española, foi detido hoxe na Comisaría de Palencia, onde acudiu persoalmente para entregarse, informou a Subdelegación do Goberno.

O prófugo, autor dun delito de homicidio, aparecía na lista dos dez criminais máis buscados en España distribuída pola Policía Nacional a semana pasada para solicitar a colaboración cidadá e proceder á súa localización e detención.

Sospeitábase que Julio González Rubio  podía estar en Valladolid e estaba baixo procura por un homicidio cometido en Madrid.

O resto de delincuentes buscados, entre eles unha muller, son autores de delitos de asasinatos, homicidios, lesións, tráfico de drogas ou roubos con violencia.

A Policía dispón dunha conta de correo electrónico específica para recibir calquera información que poida ser relevante para a súa detención ([email protected]), ademais dos teléfonos 915822510 ou o 091.

Comentarios