Salta polo balcón cando rexistraban a súa casa

Un home de 48 anos morreu onte en Madrid tras tirarse polo balcón da súa vivenda, situada nunha quinta planta, durante o rexistro que efectuou a Policía no piso tras ser arrestado polos delitos de abuso sexual, corrupción de menores e tráfico de drogas.

Segundo informou hoxe a Xefatura Superior de Policía, o suceso ocorreu sobre as 11:30 horas, despois de que Jesús Juan M.A. fora arrestado por eses tres delitos e se procedera ao rexistro da súa vivenda.

No rexistro estaban presentes o arrestado, o seu avogado, dúas testemuñas e seis axentes.

Inicialmente o detido mostrouse tranquilo e a instancias do seu avogado quitaronlle as esposas, pero nun momento dado pediu auga, dirixiuse á cociña e sorpresivamente, sen que os axentes que o acompañaban puidesen alcanzarlo, saltou polo balcón.

Comentarios