Os sindicatos denuncian 'colapso' na atención da Seguridade Social

UGT e CCOO reclaman medidas e reforzo do persoal
2020072417493656767
photo_camera 2020072417493656800
UGT e CCOO denunciaron a situación de 'colapso' que atravesa a atención, tanto presencial como telefónica, para facer xestións da Seguridade Social e reclamaron medidas e reforzo do persoal.

En senllos comunicados, os sindicatos expoñen que este xoves trasladaron a súa preocupación na reunión do Consello Xeral do Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS) onde denunciaron que o sistema "está desbordado". 

UGT recolle na súa nota que é "imposible" conseguir unha cita previa en Madrid, Barcelona e Sevilla para ningún dos servizos que habitualmente presta este organismo, entre os que está o recentemente posto en marcha Ingreso Mínimo Vital (IMV). 

CCOO engade que, "pese ao esforzo que veñen realizando todos os empregados públicos", a administración da Seguridade Social "non previu adecuadamente" a xestión do incremento de solicitudes e, xunto a esa dificultade de conseguir citas presenciais, acumúlanse atrasos con case 600.000 chamadas non atendidas na liña 900. 

Os sindicatos piden ao Goberno as "medidas oportunas que permitan resolver esta situación de xeito inmediato, ademais de esixirlle o reforzamento do persoal".

Comentarios