A sinistralidade viaria custou 1.806 vidas en 2018, cunha alza dun 45% dos atropelos

Os falecidos son 24 menos que o ano anterior en España

Personal de una ambulancia, atendiendo a un herido. DP
photo_camera Persoal dunha ambulancia, atendendo a afectados nun accidente de tráfico. AEP

O balance da sinistralidade viaria en España pechouse o ano pasado con 1.806 falecidos en accidentes de tráfico, tanto en vías interurbanas como urbanas, o que supón un descenso de 24 respecto de 2017. Os números definitivos reflicten un incremento dun 45% dos atropelos mortais.

Os datos foron presentados este luns polo director xeral de Tráfico, Pere Navarro, a partir dun balance que contabiliza o número de mortes nos 30 días posteriores ao sinistro e que conclúe que houbo unha media de cinco falecidos ao día.

Segundo as cifras da DXT, o ano pasado rexistrouse un notable incremento (45%) dos atropelos mortais nas vías interurbanas, con 149 peóns falecidos fronte aos 103 dun ano antes. Precisamente, os usuarios vulnerables (peóns, ciclistas e motociclistas) representan xa o 48% do total de falecidos en accidentes, un 2% máis que en 2017. 

Comentarios