Tenso cruzamento de acusacións entre Arrimadas e o director de TV3

A entrevista á líder de Cidadáns en Cataluña terminou nunha forte discusión sobre a obxectividade da televisión autonómica

Arrimadas y Sanchis. EP
photo_camera Arrimadas e Sanchis. EP

A líder de Cs en Catalunya, Inés Arrimadas, e o director de TV3, Vicent Sanchis, protagonizaron este domingo unha tensa discusión sobre a obxectividade da televisión autonómica.

O que empezou sendo unha habitual entrevista sobre a situación política de Cataluña derivou nun cruzamento de reproches entre a dirixente do partido laranxa e o xornalista. Arrimadas mostrouse crítica co ente e o director defendeu a cadea. 

Arrimadas considerou que en TV3 dinse "moitas mentiras e infórmase fóra da realidade", por exemplo cando se utiliza o termo 'exiliados' para referirse aos líderes independentistas que se foron a vivir ao estranxeiro para non comparecer ante a xustiza. 

Pola súa banda, Sanchis acusou a Cs de dicir falsidades sobre a televisión, e criticou que os xornalistas da cadea non poden acudir con seguridade a manifestacións que impulsa Cs porque previamente este partido "quentou motores". 

Arrimadas, que considerou intolerable esta última afirmación, recordoulle a Sanchis que foi reprobado polo Parlament de Catalunya, e lamentou que o que tiña que ser unha entrevista coa xefa da oposición derive neste cruzamento de reproches. 

Sanchis admitiu que a cadea pode ser obxecto de críticas e recordou que el comparece regularmente no Parlament, pero pediu a Cs que estas críticas se fagan desde a verdade e non mentindo" sobre TV3. 

Comentarios