A Xunta Electoral abre expediente a Pedro Sánchez pola súa entrevista desde Moncloa

Considera que as súas afirmacións a La Sexta eran electoralistas e que se difundiron por medios institucionais
Pedro Sánchez. MARISCAL
photo_camera Pedro Sánchez. MARISCAL

A Xunta Electoral Central (JEC) acordou este mércores abrir un expediente sancionador ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, por efectuar manifestacións "electoralistas" nunha entrevista en La Sexta e por haberse colgado da web de Moncloa a transcrición da mesma.

O árbitro electoral, segundo consta no texto do acordo, considera que as afirmacións do presidente e do candidato do PSOE nos comicios do 10-N vulneran o artigo 50.2 da Lei Electoral porque se fai a entrevista mediante "medios institucionais" e "singularmente" porque se difunde a mesma na web de Presidencia do Goberno.

Inflúe na decisión da JEC, segundo recoñece, que nun acordo do 17 de outubro advertiuse aos membros do Goberno en funcións que se abstivesen de facer declaracións electoralistas porque, se non, abriríanlles procedemento sancionador.

Así mesmo, a Xunta decidiu incoar outro expediente á ministra de Educación e portavoz, Isabel Celaá.

Comentarios