Coia xa ten novo campo de fútbol

Abel Caballero, o alcalde de Vigo, reclamou un segundo estadio. A nova sede da delegación territorial da Federación Galega de Fútbol (FGF) construirase nos arredores
El presidente de la Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Ángel María Villar, durante su intervención en la inauguración del nuevo campo de fútbol de Coia, Vigo
photo_camera El presidente de la Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Ángel María Villar, durante su intervención en la inauguración del nuevo campo de fútbol de Coia, Vigo

Ángel María Villar, presidente da Federación Española de Fútbol (RFEF), e Rafael Louzán, presidente en funcións da Deputación de Pontevedra e presidente da Federación Galega de Fútbol (FGF), inauguraron este mércores o novo campo de Coia, en Vigo.

A reforma integral do campo, cofinanciada por ambas as institucións, incluíu a renovación total do terreo de xogo, a iluminación, os vestiarios, as bancadas e os aseos.

"Estamos na cidade con maior número de licenzas de Galicia e por iso queremos darlle esa colaboración que os clubs de Vigo merecen", afirmou Louzán, quen recordou que o investimento total ascenderá a dous millóns de euros, dos cales o ente provincial achegará o 60 por cento e a RFEF o 40 restante.

O presidente en funcións da Deputación recordou que tamén está prevista a construción dun edificio nos arredores do campo de Coia no que se situará a nova sede da delegación territorial da FGF, no cal se investirán 600.000 euros que sairán "integramente" do orzamento da RFEF.

"Este edificio vainos a permitir concentrar os distintos locais que ten alugados a Federación Galega aquí en Coia. A licenza xa está solicitada no concello de Vigo, polo que as obras empezarán máis ou menos en setembro", explicou o dirixente da FGF.

Ao acto tamén asistiron o presidente do Celta de Vigo, Carlos Mouriño, e o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen demandou "unha maior presenza" da RFEF en Vigo, así como a construción de "un segundo campo" no futuro.

Comentarios