Abascal compara a Feijóo con Pujol: "Naceu Jordi Feijóo"

Acusa o presidente galego de denominar a Galicia como "unha nación sen Estado", usando "a vella táctica do separatismo catalán que convertía as críticas a Pujol en ataques a Cataluña"
Santiago Abascal. EFE
photo_camera Santiago Abascal. EFE

O líder de Vox, Santiago Abascal, reaccionou este venres, despois de que na pasada xornada o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, descartase nunha entrevista televisiva pactar coa súa formación tras as eleccións autonómicas do próximo 5 de abril. 

No seu perfil de Twitter, Abascal alude á afirmación de Feijóo de que "Vox é un partido que está contra Galicia" e compáralle co catalán Jordi Pujol. 

"Feijóo, que afirma que Galicia é unha nación sen Estado, usa a vella táctica do separatismo catalán que convertía as críticas a Pujol en ataques a Cataluña. Naceu Jordi Feijoó", esgrime Abascal. 

Trasladouno un día despois de que Feijóo, nunha entrevista en em<> Os almorzos de TVE, garantise que non pactará con Vox, con dous argumentos: non cre que ese pacto fose "bo" para os galegos e, "sobre todo", non considera que "vaian ter representación parlamentaria". 

"Non teño ningún interese nin compromiso de pactar con Vox e non o farei", sentenciou o mandatario galego. 

Comentarios