O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aludiu en Fitur ás eleccións autonómicas en Galicia que se celebrarán este ano e desexou sorte ao seu sobriño Gonzalo Caballero, líder do PSDEG.
Nunha pasaxe da presentación da oferta turística de Vigo, ao referirse ao atractivo da festa da Reconquista, Caballero revelou que o alcalde en 1816 era bisavó do seu avó.
Acto seguido, dirixiuse a Gonzalo Caballero, quen seguía a súa intervención desde a zona de público, e díxolle: "na familia fáltanos presidir a Xunta".